Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baleira
Parroquia: Córneas
Lugar: Córneas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Construída con pedra enfoscada, cadeirado para os esquinais e lousa para o teito, cuberto a dúas augas nas tres naves. Fronte con portada en arco de medio punto e unha inscrición que di: “Reedificose ano de 1804 siendo cura don Antonio Piñeiro”. Campanario de dous vans con troneira superior. Diante dunha das ventás figura gravada a seguinte lenda: “Esta obra se hizo ano 1821”. Sobre a porta de acceso ao lateral sur hai outra inscrición que reza: “Esta parte y las cinco ventanas se hicieron ano 1819”.
No interior, o piso mestura madeira e pedra; o coro sitúase aos pés das tres naves. Presbiterio con arco apuntado sobre piatras e bóveda apuntada de pedra. Retábulo maior, barroco, creado no ano 1783 e dourado no 1785, con imaxes de Santiago Peregrino, dous anxos con guitarras aos lados e o Ecce Homo. Na nave sur o altar da Nosa Señora do Rosario. Na nave norte un altar renacentista do século XVI, dourado e pintado. Tamén se poden ver as imaxes de Santa Lucía, Virxes embarazadas con coroa e libro do século XVI, Santo Abade, Santa Catarina, o Pai Eterno, San Pedro, San Paulo, San Roque, San Antonio e medallóns coa cruz de Santiago. Tamén se conservan tres cálices de prata do século XVIII e unha cruz parroquial do século XIX.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.concellobaleira.es/portal_localweb/p_109_contenedor_ayto_baleira.jsp?seccion=s_fdes_d4_v2.jsp&codbusqueda=427&language=gl&codResi=14&codMenuPN=686&codMenuSN=718&codMenu=724&layout=p_109_contenedor_ayto_baleira.jsp&level=1

Resolución de 14 de maio de 1991 (DOG do 12 de xullo) pola que se ordena a publicación das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.069332958321276
Lonxitude: -7.3834991455078125
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84