Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: A Laracha
Parroquia: Santiago de Vilaño
Lugar: Vilaño Vello, Pereiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro de Montes Claros sitúase nun lugar estratéxico no cume do monte a uns 215 metros sobre o nivel do mar entre a freguesía de Santiago de Vilaño e a de San Román de Cabovilaño. De forma ovalada, ten unha superficie aproximada de 1,65 Ha., e cunhas medidas de Leste a Oeste de 150 metros por uns 140 metros aproximadamente de Norte a Sur; e Noroeste- Surleste de 175 metros, por 120 de Suroeste-Nordés. Pola parte Norte do castro semella haber varias terrazas que poderían ampliar a superficie do castro ata as 5 Ha. O castro está, a simple vista, ben conservado mais cunha multitude de árbores como o eucalipto que non lle fan nada ben a este tipo de xacementos. A croa está cinguido por un parapeto defensivo que na súa parte Nordés ten unha caída duns 10 metros ou máis cara ó exterior nalgúns lugares e dun metro e medio cara ó interior.
Semella ter dúas entradas, unha pola zona oeste e a outra pola zona sur-leste, esta última tapada a causa da intensa vexetación. O castro está cáseque impenetrable para visitalo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15041008
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LARACHA/documents/0199CA010.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2443117841
Lonxitude: -8.60621094704
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84