Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Meira
Parroquia: Seixosmil
Lugar: Pumarín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Romana,
Descrición:

Fermoso castro situado nun pequeno outeiro de pendentes suaves e bordeado no seu lado oeste polo regato coñecido como “Rego do Porto da Pena”. Presenta o habitual sistema defensivo de fosos e parapetos, concretamente consérvanse en bo estado dous parapetos ademais de intuírse un terceiro, o máis exterior, que se viu afectado polas labores agrícolas da zona. O ámbito da croa está sucado por muros de pedra contemporáneos que delimitan os terreos dos diferentes propietarios da finca. É probable que estes muros se construísen a partir do espolio do propio castro, xa que un dos donos recorda que se subtraían carros de pedra do mesmo. Con todo, ao sur da croa consérvase un muro de pedra, duns 3 metros de longo que si semella orixinal do castro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.21759322355315
Lonxitude: -7.277369499206543
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84