Outra fotografía:

Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares, Pazo / Casa Grande,
Concello: Gondomar
Parroquia: Vilaza (Santa María)
Lugar: Barreiro, O
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Construído a finais do S. XVII ou principios do XVIII. É un edificio que orixinariamente tiña planta en forma de L, aínda que hoxe os moitos engadidos e reformas desvirtúan esta forma orixinal.
Presenta muros encalados agás os recercamentos de ocos, pilastras de esquina e cornixamento, fachada posterior cara a solaina e escudos na fachada principal coas armas dos Arines, Troncoso, Ceta, Soutomaior, Acuña e outros.
Dentro do patio emprázase un gran patín, e na fachada sureste a solaina sobre soportais.

Ademais o conxunto complétase co hórreo e varias construcións menores de servizo: alpendres, cortes, adegas, etc.

Sobre este pazo estableceu un morgado D. Remigio Ramón de Arines, señor do Pazo de Pampillón. Hoxe, fragmentada a propiedade, segue pertencendo aos descendentes directos do fundador.

Anexo ao pazo podemos ver a súa capela (http://patrimoniogalego.net/index.php/40031/2013/04/capela-do-pazo-de-barreiro/)


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PÁXINAS WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GONDOMAR/documents/0788CA005.pdf
(Páxina 15)
http://turoqua.blogspot.com.es/2009/03/o-pazo-barreiro-gondomar-pontevedra.html
http://www.minhor.org/xeiras/calendario/872-xeira-do-iem-ao-pazo-de-barreiro-e-a-sua-contorna-na-parroquia-de-vilaza
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=9433&ctre=36
http://www.farodevigo.es/comarcas/3096/ex-alcalde-baiones-quintas-derriba-muro-pazo-barreiro-permiso/159139.html

BIBLIOGRAFÍA
BIBLIOGRAFÍA
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio (2018). Percorridos polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Ed: IEM – Instituto de Estudos Miñoráns
Pérez Pérez, Carmen. “Un percorrido pola historia do Val Miñor”. Deputación de Pontevedra. 2012


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1253946228
Lonxitude: -8.75390946865
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84