Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Marín
Parroquia: Marin de Arriba (San Xulián)
Lugar: A Raña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O pazo de San Pedro, no lugar de A Raña, era unha capelanía fundada por Don Pedro Villanueva Grandal, párroco de Santa María de Tourón, en Pontecaldelas, en 1780. Para tal fin, ergueuse unha capela adicada a San Pedro e á Asunción da Virxe, e a casa do capelán.

A edificación ocupa unha finca aproximadamente cadrada, duns 25 metros de lado. O portalón, sen decoración, está situado no lado oriental, e dá acceso a un patio, hoxe cheo de silveiras. Á esquerda sitúase a vivenda principal, que conta cunha fachada austera, con dúas fiestras e solaina volada orientada ao Sur.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

A capela era o centro dunha romería o día de San Pedro.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

A súa situación actual é de total ruína. Parte dos muros do perímetro están vencidos, carece de cubertas, e todo o interior está invadido pola vexetación e polo lixo. Ademais, as edificacións do entorno, entre elas varios equipamentos municipais (piscina, centro de ESO) contrastan coa estética do vello caserón.


Onde está localizado

Latitude: 42.38413226706406
Lonxitude: -8.694227635860443
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84