Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Marín
Parroquia: Seixo (Nosa Señora do Carmo)
Lugar: Seixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
É un cruceiro barroco, erguido entre os séculos XVII e XVIII, posiblemente por doazón dun membro da familia Gago de Mendoza, a xulgar polas labras heráldicas da basa.
Levántase sobre un pedestal cúbico, sen plataforma con degraos, decorado coas armas dos Gago de mendoza. Sobre el, érguese o varal, cilíndrico, que ten a peculiaridade de ser dos chamados espiñentos ou leñosos, ao imitar a rugosidade das árbores. O capitel consta de dúas molduras ou aneletes, e sobre el, volutas ou caulículos nas esquinas. O anverso da cruz, tamén de perfil espiñento, amosa un Cristo barbado de trazas simples e expresivas, mentres que o reverso acolle á Virxe das Angustias.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.36973725451815Lonxitude: -8.729040026664734
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
adela suma says:
Ago 26, 2011
Coma información adicional engadir que, ainda que o cruceiro non aparece no Inventario de Patrimonio das Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento Provincial e as NSP (1978) de Marín non teñen catálogo, todos os cruceiros quedan protexidos normativamente estando ao disposto no Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección dos escudos, emblemas, pedras heráldicas, rolos de xustiza, cruces de termo e pezas similares de interese histórico-artístico
Oscar Franco says:
Nov 17, 2014
Este cruceiro aparece catalogado no PXOM de Marín co nome de Cruceiro da Brea:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MARIN/documents/22861ca003.PDF (Páxinas 9 e 10)