Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Montederramo
Parroquia: Marrubio (San Andrés)
Lugar: San Antonio - O Regueiro
Outra denominación do ben: Capela de San Xoán
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Forma parte dun conxunto do século XVII formado por catro elementos: cruceiro, dous petos de ánimas e a capela. Están datados en 1778. O máis recoñecido é o primeiro, que dá nome aos demais.
Un emprazamento eremítico acolle a capela e ó peculiar calvario de Marrubio. Esta pequena construción erixida como o santuario relixioso de San Xoán é de planta rectangular, cuberta a dúas augas, con un pequeno cabildo a tres augas que gorece a entrada alintelada e apoiado con dúas columnas de granito .
Posiblemente o máis destacado dentro da súa austeridade é a pequena espadana apoiada en base moldurada, de un só oco con arco de medio punto, sen campá e remate con cruz de pedra.
Todo ó seu redor ten un muro de mediana altura cerrando o pequeno adro, deixando unha pequena entrada na fronte, feito de cachotaría de granito.
O día máis sinalado para visitalo e o 13 de xuño, día de San Antón. De feito, o cartel de madeira situado a entrada da capela remarca a actual predilección por este santo: “Capela de San Antón”.
A característica distintiva de este conxunto fronte a outras moitas obras do mesmo tipo é a cor do cruceiro policromado . O grupo do cruceiro e petos atópase ao lado da Capela de Santo Antón, cuberto por un baldaquino.

Fotos: Mónica Parente


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.29629418297211
Lonxitude: -7.47474789619445
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84