Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Castro de Rei
Parroquia: Reibeiras de Lea (San Xoán)
Lugar: Castro de Ribeiras de Lea
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

O hórreo pódese encadrar dentro do estilo Fonsagrada de planta cadrada. Este estilo esténdese dende a Pontenova a Fonsagrada. Este que vemos aquí sería un dos máis occidentais con respecto a esta tipoloxía, segundo algunha información dun traballo de arquitectura da zona. O hórreo vai sobre muros e cachotaría que conforman un espazo con entrada por unha porta, que leva a data 1868, e é utilizado a modo de pequeno alpendre para gardar apeiros ou leña. A curiosidade máis salientable e que a cámara de madeira está apoiada sobre unha única lousa de grandes dimensións que fai de teito para o alpendre e de chan para a cámara. O tellado é a catro augas e cuberto con lousa. Está situado no horta do restaurante da Casa da Pousada, do século XIX.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Web con fotos deste estilo de hórreos
http://www.fonsaweb.com/05_cultura/arte/horreos.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.140048645511385
Lonxitude: -7.495325803756714
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84