
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Boiro
Parroquia: Cespón
Lugar:
Outra denominación do ben: Petróglifo de Outeiro dos Corvos
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Ubicado nun antigo val mineiro da Serra do Barbanza, o petróglifo de Outeiro dos Corvos consta dunha serie de motivos distribuídos ao longo de alomenos tres laxes lixeiramente inclinadas cara o SE. Todos os motivos son pegadas de pés con diferentes profundidades, aínda que cun estilo común, naturalista, que se caracteriza por diferenciar claramente os elementos anatómicos desta estremidade e reproducir pés calzados. Pendente dun estudo en profundidade, hai cando menos unhas 30 pegadas representadas nos paneis. O petróglifo está nas proximidades dun regato e no corazón dunha antiga explotación mineira de estaño, documentada oralmente para os anos 40. Localizamos este petróglifo nos primeiros meses de 2011.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.66582313855594Lonxitude: -8.934352397918701
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
5 comentarios
magago says:
Ago 25, 2011
Achego máis información de contexto e especulo sobre este petróglifo e o seu contorno arqueolóxico nesta serie: http://www.manuelgago.org/blog/index.php/category/tras-o-ouro-dos-mouros/
Alex says:
Dec 20, 2013
Dende onde e o mellor lugar para chegar ata alí? Dende a Portela? Estiven fai pouco e vin algúns camiños pequenos por alí, máis non sei se chegan ata alí.
magago says:
Dec 21, 2013
Non é doado de explicar. Deixas o coche na Portela e un pouco máis adiante, tes que meterte nunha finca de prantación de piñeiros á dereita, e seguires por aí ata que chegas a un valado de metal. Vas baixando seguindo o valado ata que deas cunha pista. Crúzala, e comezas a subir por un acceso baixo o Outeiro dos Corvos. O mellor é velo in situ, non é doado de escribir.
Alex says:
Dec 24, 2013
Xa, estas cousas nunca son doadas de atopar jajaja. Moitas gracias polas indicacións, se o tempo vai mellorando un pouco tentarei de dar con él. Boas festas
Oscar Franco says:
Mar 20, 2023
Engado a seguinte referencia web:
http://megaliticia.blogspot.com/2015/10/petroglifos-do-outeiro-dos-corvos.html