Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Ourense
Parroquia: Ourense
Lugar: Praza de Concepción Arenal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

O monumento foi realizado por Aniceto Mariñas García no ano 1.898 en Barcelona.
A estatua, de 2,60 m de altura, realizada en fundición de bronce encóntrase enriba de un pedestal granítico de base cadrada no que se sitúan unhas placas con citas conmemorativas.
En 1893, dous coñecidos avogados progresistas da cidade de Ourense (Alberto García Ferreiro y Vicente Nomdedeu Pardo), inician o proxecto de erixir unha gran estatua en honor a Concepción Arenal, e dirixen unha solicitude o Concello para que sinale o lugar para o seu emprazamento.
Inicialmente situouse nos xardíns do Bispo Cesáreo máis ou menos onde se sitúa hoxe a fonte, con pedestal feito por Ramón Parada Justel.
En 1969 trasladouse (pese a oposición de Otero Pedrayo) ó actual emprazamento, na praza que leva o seu nome, entre a igrexa dos Salesianos e o Pazo de Xustiza, situándose sobre un novo pedestal.
A zona é unha rotonda que está formada por unha fonte de pedra de dous niveis, e no centro eríxese a estatua de esta importante escritora ferrolá, gran penalista e defensora dos dereitos femininos, rodeada duns bonitos xardíns con plantas de cores formando debuxos xeométricos.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com.es/2010/06/concepcion-arenal-y-ourense-unas-lineas.html
http://www.laregion.es/galeria/8/108
http://www.laregion.es/galeria/8/109
http://www.esculturaurbana.com/imagenes/fotos/mar010a.JPG
http://pictures2.todocoleccion.net/tc/2012/11/28/34441012.jpg
http://pictures2.todocoleccion.net/fot/2008/06/20/9027727.jpg
http://pictures2.todocoleccion.net/tc/2012/12/02/34501769.jpg
http://farm7.staticflickr.com/6154/6207125255_b41a2d9972_z.jpg


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.34286434440928
Lonxitude: -7.86783099174499
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84