Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: A Pobra do Caramiñal
Parroquia: O Xobre
Lugar: Punta Ostreira
Outra denominación do ben: Castro de Alberne / Os Castriños
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O Castro de Punta Ostreira está ubicado nun promontorio sobre unha das entradas da badía da Pobra do Caramiñal, ocupando o estremo da antiga finca do mosteiro de Santo Antonio do Xobre. O castro consta dun recinto ovalado que, no seu tempo, estaba protexido por un parapeto que aproveitaba as rexas caídas do castro cara o mar e outras pendentes. Pola banda Oeste, o parapeto estaba complementado cun foxo aínda apreciable e, neste estremo, o parapeto acadaba unha gran altura. Sobre el os franciscanos do mosteiro elevaron unha capela da que só se conserva un lenzo de parede e que no seu tempo tiña un chan de mosaicos de cantos rodados, hoxe non apreciable. As obras levadas no castro de xeito ilegal por un posterior propietario provocaron un proceso que derivou na primeira condea de restitución dun depósito arqueolóxico por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Nos traballos de análise da desfeita, as catas arqueolóxicas levadas a cabo por Juan J. Alonso Braña amosaron a cronoloxía do xacemento (III-II a.C.) e interesantes pezas arqueolóxicas, como un xogo de armas acubillado como tesouriño nunha das casas. A memoria destes traballos aínda non se publicou.
Como curiosidade, o topónimo patrimonial, hoxe desaparecido, puidera ser o Castro de Alberne. Así aparece consignado nunha historia franciscana, o Árbol chronologico de la Santa Provincia de Santiago do frade Jacobo de Castro, publicado en 1722.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA-1506700
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Nas proximidades do castro apareceu recentemente unha ara romana depositada no Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Na fotografía pódese apreciar a destrución do parapeto principal por parte dos propietarios da finca do mosteiro.
Onde está localizado
Latitude: 42.5959810458Lonxitude: -8.92409563065
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
adela suma says:
Ago 26, 2011
Coma información adicional, engadir que pódese consultar a ficha no catálogo do PXOM da Pobra do Caramiñal (2007) este Castro (GA 15067002)no seguinte enlace:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/POBRADOCARAMINAL/documents/26070ca030.pdf
Oscar Franco says:
Set 15, 2014
Sobre a capela da que só se conserva un lenzo de parede e que no seu tempo tiña un chan de mosaicos de cantos rodados, hoxe non apreciable:
http://www.apobra.org/images/stories/pxom/xeral/4_CATALOGO%20DE%20BENS%20E%20EDIFICACIONS%20OBXECTO%20DE%20PROTECCION.pdf (Ficha 105 – Páxina 136)