Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: Parada de Sil
Parroquia: Parada do Sil (Santa Mariña)
Lugar: Farfaleiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

O lugar coñecido como os Balcóns de Madrid é un espectacular miradoiro natural sobre o Canón do Sil, con varias balaustradas de madeira e algún tramo con parede de pedra.
Situado a 500 m de altitude, no límite superior do Canón do Sil, nas proximidades da localidade de Parada de Sil. Para chegar a el, seguiremos unha pista ben sinalizada que parte do pobo. O traxecto só nos levará uns minutos.
Grazas á súa estratéxica situación, dominando o río desde o alto, ofrece unha inmellorable panorámica dun dos tramos máis agrestes do Sil.
No fondo do canón, as augas flúen encaixadas entre paredes rochosas verticais. Desde as varandas chegaremos a ver o Santuario de Cadeiras, situado na marxe lucense da Ribeira Sacra. En días claros, pódese gozar dunha vista aberta sobre boa parte destas terras. Os días grises e húmidos converten o río e a súa ribeira nun contorno misterioso de brumas e nubes baixas.
Está integrado na rede de rutas de sendeirismo que percorren a zona e tamén é un bo lugar para a observación de aves.

El nome de Balcóns de Madrid provén de que antigamente desde este punto as familias despedían a os que se marchaban como barquilleiros a Madrid ou a sega a Castela, case sempre pasando por Madrid, de aí a xeneralización de Madrid. Vían alonxarse as barcas que os levaban para cruzar cara a estación de tren de Monforte ou seguir calquera outro camiño pola outra veira do Sil.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.encantorural.com/p/de-interes-turistico/mirador-balcones-de-madrid/346

http://www.sientegalicia.com/fichav.php?id=103&idzona=28

balcones de madrid

Balcones de Madrid

Los balcones de Madrid


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.391111619839904
Lonxitude: -7.56491303443908
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84