Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: O Rosal
Parroquia: Tabagón (San Xoán)
Lugar: Camiño da Cal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Atópase encastrado no muro do eido dos que foron os seus promotores. Estes foron D. José Ignacio Baquero e asúa dona María Andrea Alonso, unha familia acomodada que ergueron o monumento en acción de grazas e polos seus defuntos no ano de 1886, tal como reza o epígrafe.

O peto consta dunha base con decoración en releve sobre a que se dispón a repisa sobre a que descansa o nicho que se remata cunha cornixa ondulante. O elemnto remátase cunha cruz. No interior da fornela conserva o retábulo cunha representación da crucifixión sobre as ánimas do purgatorio.

Como singularidade, á dereita do peto, ábrese no muro un oco que estaba destinado á recollida das ofrendas e esmolas en forma estas de millo ou produtos da horta.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9288745651356
Lonxitude: -8.797929883003235
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84