Outra fotografía:

Tipo de ben: Reitoral,
Concello: Oia
Parroquia: Burgueira (San Pedro)
Lugar: Eidos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

A casa reitoral de Burgueira atópase nun entorno rural a escasos metros da igrexa parroquial de San Pedro. O seu entorno aparece acotado por un muro con portalón alintelado no que aparece un epígrafe.

Presenta planta rectangular, amosándose en alzado cunha arquitectura sólida e recia, que amosa o seu aspecto de casa-fortaleza. A fábrica é a base de perpiaño de granito tratado do mesmo xeito por todas as caras, nas que presenta vans con doselete. Cúbrese cunha teitume a dúas augas que orixinalmente tería tella do país e actualmente presenta tella de cemento. A súa vez, as crucetas rematan cunha sobrepena.

Toda a construción amosa grande sinxeleza, sen embargo posúe certos elementos que a singularizan. Así pois, no ángulo nordés aparece unha grande cheminea que acentúa a sensación de solidez e casa forte e a fai recoñecible como casa importante. Pero sen dúbida, os elementos máis chamativos son os dous corpos torreados. Dúas torres cilíndricas que se levantan en ángulos opostos creando unha diagonal entre elas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.00693445375322
Lonxitude: -8.827605843544006
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84