Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pereiro de Aguiar
Parroquia: Covas (San Cibrao)
Lugar: Covas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Con data de 1.800 preséntasenos esta igrexa de estilo barroco con planta en cruz latina flanqueada por pilastras nos ángulos. A porta está ordenada por baquetóns mixtilíneos igualmente que a ventá central, sobre esta frontón sen apenas decoración, de remate moldura recta no centro e curvilínea nos laterais.
Presbiterio mais elevado que a nave, tendo cuberta a catro augas con remates de pináculos nas catro esquinas e no cumio.
Posúe unha espadana complexa con dous arcos laterais que lle dan un aspecto de torre ao campanario.
O corpo superior ten un só arco e posúe cinco pináculos dos que falta un. Nos ángulos da fachada o pináculo acaba en bólas abertas que lle confiren unha aparencia vexetal.
Tanto a igrexa como a Casa Reitoral, están situadas no punto máis alto de Covas.

A Casa Reitoral está datada en 1.813, de construción popular con unha distribución de patio central e balcóns arredor del mesmo. Os muros exteriores teñen ocos alintelados e son de boa sillería. Ten unha gran cheminea con capiteis.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PEREIRODEAGUIAR/documents/0478CA004.pdf (P.3)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.34824063866291
Lonxitude: -7.73716986179351
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84