Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pereiro de Aguiar
Parroquia: Moreiras (San Martiño)
Lugar: San Martiño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Igrexa parroquial de estilo popular do século XIX, con planta rectangular con muros de sillares concertados de granito, tendo o presbiterio máis elevado que o resto. Sendo a cuberta de tella plana a tres augas no presbiterio e a dúas na nave, tamén ten a cuberta a tres augas na sancristía anexa nun lateral.
No muro principal porta de entrada con arco lixeiramente apuntado con doelas de gran tamaño, tendo lenda gravada no superior.
Na cima molduras rectilíneas horizontais en dúas alturas, nos laterais pináculos con bólas. No centro espadana de dous corpos, tendo o primeiro dous ocos con sendas campás e o segundo de un só oco con pináculos laterais e na cima cruz de pedra como remate .
No lateral dereito porta de acceso de pequenas dimensións e pequenas ventás rectangulares.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PEREIRODEAGUIAR/documents/0478CA005.pdf (Pax.3)

http://www.panoramio.com/photo/32128408
http://www.panoramio.com/photo/32128455
http://www.panoramio.com/photo/32128355


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3177550091681
Lonxitude: -7.77363181114196
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84