Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: O Rosal
Parroquia: Tabagón (San Miguel)
Lugar: Alameda de San Miguel.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Conectada visualmente co río Miño a través do eixe marcado pola Alameda de S. Miguel, levántase a que posiblemente sexa a casa indiana máis famosa do Baixo Miño. Esta singular vivenda foi construída durante a primeira década do século XX por D. José Mª Blanco Gándara ao seu regreso do Brasil coa súa familia.

Trátase dunha construción con planta en T, de dous andares e cuberta a dúas augas. A súa fachada principal mostra todo o explendor ornamental e arquitectónico da vivenda. Deste xeito, do corpo rectangular principal sobresae no centro outro máis pequeno formado a nivel basal por un arco rebaixado e escada dúplice tipo imperial que da acceso á parte superior. No primeiro andar ábrese a galeria como entrada principal e sobre esta o cumio no que aparece unha xanela rematada en pico e con balcón. En canto ao corpo principal, nel ábrense dous van a cada lado, presentando unha pequena galería aos dos extremos.

Todo o muro está profusamente decorado a base de azulexo que xunto cos forxados das varandas contribúen a dotarlle unha especial e alegre visión eclecticista a toda a casa.

Outro dos elementos que contribúe á singulariedade desta vivenda é o seu espazo axardinado. Este aparece acotado por un muro de cachotería rematado por un enreixado de ferro e a el se accede a través do portal, constituído por dous pilares coroados por copóns. Nel crecen numerosas especies exóticas como camelias, glicinas, magnolios e as indispensables e imponentes palmeiras que inciden no carácter indiano da casa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BORES GAMUNDI, F. “Casas de indianos. Pontevedra”. Santiago de Compostela, 2009. (pp. 283-4)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.91741539713489
Lonxitude: -8.816732168197632
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84