Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: O Rosal
Parroquia: Tabagón (San Miguel)
Lugar: A Lomba.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Ao pé da estrada que une Tui e A Guarda levántase esta casona de arquitectura recia á vez que elegante. Tal como indica a data gravada no seu frontispicio, foi construída no ano 1905, sendo o seu promotor un emigrante retornado do Brasil que adicou a finca da casa ao cultivo da vide, feito este que se fai patente coa representación escultórica de dous barrís no portalón de entrada.

Trátase dunha construción de planta rectangular, dous andares e faiado con cuberta a dúas augas. Se ben a súa planimetría é moi sinxela, este feito vese minimizado grazas aos elementos ornamentais e cromatismo empregados. Paradóxicamente, a fachada principal ou de acceso non é a máis engalanada. Esta faise polo lateral leste, mediante unha escaleira que conecta co primeiro andar e no que se abre un gran ventanal que centra a composición desa fachada. En canto a fachada que máis destaca visual e ornamentalmente, ábrese cara a estrada e mirando ao río Miño. Trátase dunha fachada marcada pola simetría establecida pola galería sustentada mediante ménsulas e flanqueada por dúas xanelas de arco rebaixado e peitoril de ferro. Este esquema tradúcese á fachada do ático mediante un van central apuntado con balcón e xanelos do mesmo estilo a cada lado. O frontón remátase cun rombo no que aparece a data de 1905 e coa cornixa voada, que tal vez sexa o elemento decorativo máis singular. Esta aparece cuberta por placas cerámicas con decoración a base de filigrana e rematada nos vértices mediante antefixas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BORES GAMUNDI, F. “Casas de indianos. Pontevedra”. Santiago de Compostela, 2009. (pp. 389-90)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.92352641124568
Lonxitude: -8.809007406234741
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84