Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Gondomar
Parroquia: Couso (San Cristovo)
Lugar: Boucía, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa dunha soa nave cunha ábsida rectangular máis estreita. A cada lado da ábsida ten inscrita a data de 1731, probablemente é cando remataron as obras de construción.
A fachada principal é completamente lisa, sen ornamentación, e remátase nunha torre de base cadrada con oco en cada cara. A súa cuberta é unha pirámide regular que apoia na cornixa. Nos catro vértices ten pináculos da mesma feitura que os de remate de beiril, pero máis pequenos. Ten unha cruz metálica como remate. A porta é de arco de medio punto e descansa sobre xambas lisas, con enmochetado e derrame para o interior. No eixe da fachada, por enriba da porta, unha ventá cadrada. As outras tres fachadas tamén presentan muros lisos. No lado norte ten dous corpos máis baixos que se engadiron posteriormente: un, para a sancristía, xunto a ábsida, e outro, ao pe da nave, para baptisterio. Polo exterior únense cun pórtico con cuberta de tella, que apoia nunha soa columna octogonal.
As portas son moi sinxelas, con lintel e xambas con mocheta e derrame interior. As ventás son abucinadas cara o exterior. Unha cornixa lineal de pedra remata os muros de fábrica. A ábsida ten bóveda de canón, con arco toral sobre pilastras. A nave e a sancristía teñen teito en madeira a dúas augas.
Sufriu diversas obras de restauración no século pasado, entre elas a construción da torre, xa que antes tiña unha espadana de dous ocos na fachada principal. No muro sur consta a inscrición:
“SE RESTAURO EN 1906
ABAD D. JOSE GOMEZ”


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

O retablo actual é un pastiche plano de madeira con dúas peañas modernas de pedra para sustentar ao Patrón e á Virxe do Rosario, que enmarcan o Crucifixo. Fóra del, tamén no presbiterio, hai dúas imaxes barrocas interesantes de S. Xoaquín e Sta. Ana.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GONDOMAR/documents/0788CA004.pdf (Páxina 3)

BIBLIOGRAFÍA
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio (2018). Percorridos polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Ed: IEM – Instituto de Estudos Miñoráns


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0853614941
Lonxitude: -8.74152705073
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84