Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Gondomar
Parroquia: Peitieiros (San Miguel)
Lugar: Piñeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O Pazo de Troncoso data do século XVII, malia que na actualidade tan só se conserva a escaleira, cun laterais adornados, o patín, hoxe moi modificado e cun escudo no seu peitoril co ano 1790 gravado, e a entrada principal. Esta, construída en cantaría, posúe un gran van cuadrangular. Enriba, como remate, unha cruz latina flanqueada por dúas amenas a cada lado. Tamén atopamos dous brasóns nos laterais coas armas dos Acuña, Soutomaior, Castro,
Troncoso de Lira e outros, e unha inscrición no lintel do portalón que reza o seguinte:
“D. Pº TRº ANO 1719 LO M CER”.

No seu momento a casa tivo unha grande chimenea, un pombal (xa que dentro do eido aínda se mantén o topónimo), e un horreo. Tamén tiña catro pináculos no tellado de entre 1,5 e 2 metros de altura cada un, que nos anos 80 do século pasado o propietario do pazo vendeu.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PÁXINA WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GONDOMAR/documents/0788CA005.pdf
(p. 11)

BIBLIOGRAFÍA
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio (2018). Percorridos polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Ed: IEM – Instituto de Estudos Miñoráns
Pérez Pérez, Carme. “Un percorrido pola historia do Val Miñor”. Deputación de Pontevedra. 2012


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1029628668
Lonxitude: -8.74727234244
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84