Outra fotografía:
Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: A Estrada
Parroquia: Lagartóns (Santo Estevo)
Lugar: O Viso - Campo do Gandarón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Columna triunfal coroada cunha piña que simboliza a unión agraria e a conquista dos dereitos xustos dos labregos. Está pechada por unha reixa de ferro fabricada e doada por Manuel Amigo, de Oca. Nos laterais da columna de pedra están esculpidas as seguintes lendas: -“UNIÓN AGRARIA ESTRADENSE, AQUÍ SE CONSOLIDÓ”, – “UNIÓN, FRATERNIDAD, DEMOCRACIA, LIBERTAD Y AGRARISMO”, -“LA FEDERACION AGRARIA EN CONMEMORACION DEL 16 DE MAYO DE 1915”, -“EL LABRADOR ES EL REY DE LA NATURALEZA”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Pequeno resumo dos feitos acaecidos para a súa construción:
No ano 1903 nace a “Asociación de Labradores”. Entre os anos 1911 e 1912 ten lugar unha campaña de mitins e conferencias en favor dun agrarismo galego onde se crean moitas destas sociedades , tendo como ferramenta divulgativa “El Eco de La Estrada”.
O 9 de agosto do 1913 estas sociedades xúntanse na “Federación Agrícola de Estrada, Silleda, Forcarey y Cerdedo”.
Fartos do caciquismo local e provincial acordan non comercializar os seus produtos na Vila, quedando esta desabastecida totalmente o 15 de maio de 1915. O día seguinte foi detido o Sr. Señarias no campo do Gandarón.
Convocadas eleccións, e cos agraristas con maioría no Concello, inaugúrase o monumento o 16 de Maio de 1916, “O día dos agrarios”, con festa e unha multitude de xente de toda a comarca. Hoxe en día fan a súa lembranza coa “Festa do Labrego”.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
VARELA CASTRO, Pedro: “La Estrada”, 1923.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.68910744913487Lonxitude: -8.449980318546295
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Inés says:
Abr 18, 2013
Despois de ler esta boa información,entroume a curiosidade e fun ata alí e dende logo os nosos vellos xa loitaban pola súa dignidade.