Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Nigrán
Parroquia: Parada (Santiago)
Lugar: Souto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O cruceiro consta dunha plataforma de catro chanzos de forma octogonal, sobre o que se asenta un pedestal de baseamento cadrado coas esquinas biseladas. No pedestal leva inscrito o ano “1583”. Na base do fuste hai outra inscrición podéndose ler o seguinte: “Benito Araujo. Teniente Coronel. Provincia de Tuy”
Xunto con esta inscrición aparece o ano 1778, data da reconstrución do cruceiro. Os chanzos e o pedestal son os únicos elementos que quedarían do cruceiro primitivo do século XVI. O fuste remata nun capitel de tipo toscano. A cruz ten como representacións a un Cristo crucificado con tres cravos nun lado e unha Piedade no outro.

Ata aquí chegaba antigamente a procesión do Xoves Santo.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://valminorarqueologico-etnografico.blogspot.com.es/2007/08/pazo-y-crucero-de-santiago-de-parada.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.13140909791386
Lonxitude: -8.782311379909515
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84