Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Redondela
Parroquia: Reboreda (Santa María)
Lugar: Anselle de Abaixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Pazo do século XVII, restaurado nos anos 50 polo arquitecto Manuel Gómez Román, que realizou as obras de consolidación e reestruturación interior, sen alterar apenas o seu aspecto exterior. O pazo foi trazado sobre unha planta en L de tres alturas, cunha torre ameada nun dos seus extremos. É de resaltar a escaleira, presidida por Santiago Apóstolo e que remata nun pequeno patín.
Ten unha superficie útil construída de 600 m2, e a superficie da finca é de 6.500 m2.
Posúe xardín e un recinto pechado por un muro. Neste espazo aberto amurallado atópase a capela, un canastro e unha fonte pequena de gran beleza, todos ele en bo estado de conservación.
O xardín traseiro foi deseñado por Turc (famoso na súa época) e posúe numerosas especies autóctonas como hortensias, camelias, unha glicinia centenaria, buganvillas…

Este pazo foi mandado construír por Francisco Marco del Pont, militar galego e gobernador da Corona Española en Chile, e fillo dunha familia de empresarios cataláns que se instalaron en Vigo para emprender un negocio de salazón de pescado. Na actualidade o pazo pertence aos herdeiros de Enrique Lorenzo Docampo, emprendedor vigués, fundador dos estaleiros Vulcano, entre outras empresa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialOutros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000034225
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/REDONDELA/documents/0906CA001.pdf (p. 4)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
https://anecdotarioredondelan.jimdo.com/atractivos-tur%C3%ADsticos-e-patrimonio/arquitectura-civil/
https://gl.wikipedia.org/wiki/Pazo_do_Pousadouro
http://www.aldeasabandonadas.com/venta-de-pazos-y-casas-de-luxe/64-venta-de-pazos-y-casas-senoriales-galicia-/527-pazo-de-redondela-unos-de-los-mas-bellos-de-galicia-pazo-pousadouro-unico.html

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. INVENTARIO PAZOS Y TORRES. TOMO 2. REDONDELA – PENÍNSULA DEL MORRAZO. Tomo . Ed. Asociación Amigos de los Pazos. 1974.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2855838458
Lonxitude: -8.60154658556
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84