Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Redondela
Parroquia: Chapela (San Fausto)
Lugar: Angorén - Camiño Folón
Outra denominación do ben: Cruceiro do Cristo da Encarnación // Cruceiro de San Fausto
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O Cruceiro do Cristo da Encarnación, tamén coñecido como do Cristo da Encarnación, presenta unha plataforma de tres chanzos sobre a que se dispón a base cadrada coas arestas rebaixadas coa seguinte inscrición: “AÑO DE 1766”. Dela arranca o varal octogonal, no que aparece un relevo de Santiago Apóstolo sobre unha cunca para auga bendita. O capitel é de arranque redondo ornamentado con motivos florais de pouco releve de follas de acanto rematadas con catro volutas e terminación cadrada de lados cóncavos e decorados con tres cabezas de anxo e caveira baixo Cristo. A cruz é redonda rematada en conos redondos, con cristo baixo INRI por un lado e Virxe das Dores en pe sobre peaña con sete espadas cravadas no corazón. Na parte alta do capitel foran instalados uns farois cuns brazos de ferro en sentido da cruz e de iluminación eléctrica.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo se recolleu dun veciño, anteriormente atopábase na leira propiedade da familia Tapias-Aranda de Vigo.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB:
https://cruceirosdegalicia.xyz/360450401.html
https://anecdotarioredondelan.jimdo.com/atractivos-tur%C3%ADsticos-e-patrimonio/cruceiros-e-petos-i/
http://www.redondela-server.net/miniwebs/redo_inventario/urbanas/datos/135.pdf
http://www.farodevigo.es/comarcas/2008/07/22/cruz-folon-rejuvenece/244264.html
http://www.oocities.org/xufp/cruceiro_chapela.htm

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA, Estanislao. (2005). Cruces, cruceiros, esmoleiros e petos de ánimas de Redondela. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
ANTUÑA SOUTO, Carlos A. e ORGE QUINTEIRO, José Antonio. CRUCES, CRUCEIROS E PETOS DE ÁNIMAS NO CONCELLO DE REDONDELA (2ª parte). SEMINARIO DE ESTUDIOS REDONDELÁNS (SEREN), nº 2.
PRADO GONZÁLEZ, Manuel Gonzalo. (2013). Cruceiros, Cruces e Petos de Ánimas en Terras de Fragoso. Ed: Diputación de Pontevedra.
PRADO GONZÁLEZ, Manuel Gonzalo. (2010). CRUCEIROS, CRUCES E PETOS DE ÁNIMAS DO VAL DO FRAGOSO. Actas do IIº Congreso galego sobre cruceiros e cruces de pedra. Editor: E F. de la Cigoña.

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

As gradas desprendéronse por golpes de vehículos e no 2008 restaurouse, recolocándose moi preto da súa antiga situación no inicio do Camiño do Folón.


Onde está localizado

Latitude: 42.2744449892
Lonxitude: -8.66742700338
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84