Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Redondela
Parroquia: Reboreda (Santa María)
Lugar: Quintana
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O pazo, datado no século XVII, está unido á Igrexa Parroquial de Reboreda mediante un paso elevado. Ten tellado a dúas augas e está construído con perpiaño e cachotería. Na súa fachada destacan dous brasóns situados nos laterais da mesma, un dos Araújo e Puga e outro da familia Prego de Montádevos
A edificación principal posúe uns 400 m2, con dous andares.
Ten un portalón ameado cara ao oeste; no interior da finca podemos ver un hórreo e outras edificacións adxectivas.

Este pazo pertenceu, entre outros, a Ignacio Manuel Pereira, caudillo de milicianos na loita contra os franceses na reconquista de Vigo e a batalla de Pontesampaio, e ao seu fillo, Juan Manuel Pereira.
Destaca tamén porque nel naceu Xoán Manuel Pereira (1823 – 1896) a quen Ramón Otero Pedrayo inmortalizou na súa novela “o señorito da Reboraina”.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta: RI.000034222
Categoría do Ben: Dato descoñecido Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A prensa dixital do 20 de xuño de 2020 anuncia a venda do conxunto (ver referencia bibliográfica)


Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
https://anecdotarioredondelan.jimdo.com/atractivos-tur%C3%ADsticos-e-patrimonio/arquitectura-civil/
https://gl.wikipedia.org/wiki/Pazo_de_Reboreda_(Redondela)

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. INVENTARIO PAZOS Y TORRES. TOMO 2. REDONDELA – PENÍNSULA DEL MORRAZO. Tomo . Ed. Asociación Amigos de los Pazos. 1974.

VENDA DO CONXUNTO (Nova do 20 de xuño de 2020)
https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2020/06/20/sale-venta-pazo-senorito-reboraina-450000-euros/0003_202006V20C7992.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2835419687
Lonxitude: -8.59424829483
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84