Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Redondela
Parroquia: Reboreda (Santa María)
Lugar: Quintana
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro sobre tres chanzos cuadrangulares. O seu baseamento tamén é cuadrangular coas arestas rebaixadas. Nun dos seus laterais ten inscrito “A DUOCI. DEL ABAD JULIO D 1770”, ou sexa, á devoción do abade. O capitel está ornamentado con motivos florais rematadas con catro volutas e decorados con tres cabezas de anxo e caveira. A súa cruz é cadrada cos estremos potentados. Mostra un Cristo baixo INRI coa cabeza xirada cara a un pequeno San Francisco, e pola parte traseira a Virxe das Dores.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/REDONDELA/documents/0906CA001.pdf (p. 4)
https://cruceirosdegalicia.xyz/3604502.html
https://anecdotarioredondelan.jimdo.com/atractivos-tur%C3%ADsticos-e-patrimonio/cruceiros-e-petos-i/

BIBLIOGRAFÍA
ANTUÑA SOUTO, Carlos A. e ORGE QUINTEIRO, José Antonio. CRUCES, CRUCEIROS E PETOS DE ÁNIMAS NO CONCELLO DE REDONDELA (3ª parte). SEMINARIO DE ESTUDIOS REDONDELÁNS (SEREN), nº 4.
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (2005). Cruces, cruceiros, esmoleiros e petos de ánimas de Redondela. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2836957567
Lonxitude: -8.59488397837
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84