Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Paderne de Allariz
Parroquia: San Xes (San Xes)
Lugar: Riodebodas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Conxunto formado por catro canastros, a maioría de tipoloxía mixta (pedra e madeira), un de catro claros, outro de tres claros, un de dous e outro dun claro de capacidade que é o de tipoloxía única de madeira.

O canastro máis abundante nestas terras é, seguindo a clasificación de Ignacio Martínez, o das terras orientais, de tipoloxía mixta
(pedra e madeira), e única (madeira), con ou sen celeiro, segundo o caso.
O canastro tradicional desta comarca, sen dúbida o maior expoñente etnográfico e artístico destas terras, érguese maiormente sobre unha soleira empedrada ou aterrada nos mais dos casos. Sobre esta superficie sitúanse os pés, uns elementos compostos por unha breve columna de sección cuadrangular con arestas biseladas, rematada nun tornarratos con forma rectangular de pedra e con cabezas redondeadas, se son enteirizas, ou totalmente redondas, se son independentes os de cada pé, e que ten por obxecto imposibilitar o acceso dos roedores á cámara. O número de pés varia en función do longo da cámara, sendo a media ducia o exemplo máis habitual. A cámara é o elemento principal de este tipo de edificación. De planta rectangular, pode estar estruturada en un, dous, tres, catro, cinco e ata seis claros, que son como se denominan aos treitos de parede de madeira ou cantería, separados entre si por trabes pétreas verticais , que dividen o lateral dos canastros.
Os costais, onde nas mais das ocasións se sitúan os accesos a este peculiar almacén, péchanse con unha serie de táboas en sentido vertical, reforzadas horizontalmente con faixas, que deixan físgoas de entre 1 e 2 centímetros de apertura para permitir o paso a o vento que a de secar o gran.
Pola súa parte o frontal ou penal, pode estar configurado indistintamente polo mesmo modelo anterior, ou ben con un simple muro de perpiaño, no que tamén é posible situar un vano no que instalar a porta de entrada.
En ocasións a construción remátase con unha armazón de madeira que soporta un tellado a dúas augas, case sempre de tella curva, ornamentado con unha cruz e un pináculo ou bico na cumieira, a xeito de símbolos de carácter profiláctico laudatorio.

Este conxunto de canastros atópase no centro do pobo de Riodebodas, no mesmo lugar onde se sitúa un cruceiro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PADERNEDEALLARIZ/documents/26630ca102.pdf (p. 1)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3065087744658
Lonxitude: -7.739355862140655
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84