
Outra fotografía:
Tipo de ben: Ponte,
Concello: Val do Dubra
Parroquia: Portomouro. San Cristovo
Lugar: Portomouro de Abaixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
A ruta que atravesa Portomouro foi dende antigo unha importante vía de comunicación, e algúns historiadores queren identificar este lugar como de “Ad Due Pontes”, do itinerario Antonino, por estar situado entre as pontes dos ríos Tambre e Dubra. Coñécese a primeira mención á ponte en 1380, e unha descripción nun documento de 1564, a causa da súa caída por ser esta unha “ponte de pedra de catro arcos fortes e largos, que caeu por ser moi antiga”. Reclamábase a reconstrución por ser vital para as comunicacións coa zona marítima de Fisterra e Bergantiños e por estar en “bo sitio” e en “camiño real”. A que hoxe se pode ver é unha ponte de cadeirado de granito con tres grandes arcos e outros dous nos extremos de menor tamaño, construída no século XIX e reformada no XX. Ten dous carrís para a circulación e está dotado de beirarúas .
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VALDODUBRA/documents/0394CA003.pdf (pax. 8 de 13)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.95956328564849Lonxitude: -8.647699356079102
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84