Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Castro Caldelas
Parroquia: Pedrouzos (San Mamede)
Lugar: Pesqueiras - No monte
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Pequena capela construída en sillaría de granito. Posúe planta lonxitudinal dunha soa nave e cuberta a tres augas. O templo atópase rodeado dun adro cercado por un forte muro de pedra. Sobre a porta de entrada alintelada decorada, había unha imaxe de Santa Bárbara, hoxe desaparecida e no seu lugar figura a imaxe da Virxe das Neves. Enriba dela hai un oco redondo que dá paso a frontón sen máis decoración ata a moldura superior, sobre a que se sitúan dous pináculos nos laterais. Na parte central dispón dunha alta espadana de dous corpos, o primeiro con dous ocos e sendas campás, o segundo con só un oco con pináculos laterais e unha campá, rematada con pináculos e cruz de ferro.
Fotos: Mónica Parente


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

A lenda di que a Virxe apareceu nesta montaña, probablemente no carballo centenario que está enfronte, de aí a construción desta capela na súa honra.  A súa festividade celébrase a mediados de Agosto.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=5276
http://www.panoramio.com/photo/49760528
http://www.panoramio.com/photo/76318982


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.32946918730971
Lonxitude: -7.44404196739196
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84