Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Navia de Suarna
Parroquia: Vilarpandín (Santo Estevo)
Lugar: Vilarpandín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A Igrexa de Santo Estevo de Vilarpandín posúe tres naves, con presbiterio na cabeceira e dúas sancristías acaroadas ás naves laterais. Construída en cantaría e cuberta a dúas augas, o presbiterio, con cuberta a catro, é máis alto ca nave. Na fachada disponse unha espadana de dous vans coa inscrición “1960”. No seu interior conserva algunhas tallas dos séculos XV e XVI.

Cabe sinalar que na entrada ao adro hai un pradairo, recollido no “Inventario de árbores senlleiras de Galicia” (Xunta de Galicia, 1985).


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo a lenda, as súas campás alonxaban os lóstregos.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/LUGPA005.pdf (p. 2)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9522052
Lonxitude: -7.0006261
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84