Outra fotografía:
Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Mondoñedo
Parroquia: Mondoñedo (Nosa Sra. do Carme)
Lugar: Mondoñedo - Praza da Catedral
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
Sobre as escolas que influíron na estrutura, formas e perfís da Catedral de Mondoñedo, sobresae a cisterciense, quizais pola proximidade do templo de Meira. Coa citada escola, comparte o románico galego, o resto das influencias que se observan na basílica mindoniense, que se empezou a construír no ano 1219 e rematouse en 1248.
A primitiva planta desta igrexa basilical era de tres naves con outra de crucería e tres ábsidas semicirculares. Cara as postremeiras do século XVI, engádeselle un deambulatorio cadrado, demoléndose para tal feito as ábsidas laterais. Este deambulatorio cóbrese con dúas bóvedas desiguais por lado, e oito ao fondo, repartidas en dúas naves paralelas. A nave do fondo contén catro capelas. Así mesmo, no derradeiro terzo do século XVIII, engadíuselle ó cruceiro dous tramos, un en cada lado, polo cal dende entón, esa parte do templo acúsase ó exterior. As naves do brazo maior constan de catro bóvedas de crucería sinxela, con arcos formeiros, transversais, etc. Soportan os piares do nexo cadrado, con columnas nas codillas e nos frontes. Estas columnas teñen uns capiteis de follas biseladas de carácter románico. Iluminan o templo xanelas apuntadas de arco abucinado ó exterior colocadas na nave central e un gran rosetón na súa fachada central. Nos brazos do cruceiro tamén hai destas xanelas, cegas nas da fronte. A capela maior cóbrea cunha bóveda de cascarón e de canón seguido con crucerías sinxelas, de toros dobres, que cargan sobre columnas acodilladas. Destacar tamén as pinturas situadas baixo os órganos da nave central, de estilo gótico, destacando entre elas á escena da Degollación dos Inocentes. Sobre a bóveda do cruceiro aparecen pinturas con escenas do Antigo Testamento, estas son obras do Mestre Terán.
As pinturas da catedral configuran unha das coleccións máis importantes de pintura mural da Galiza. Destacar tamén a cadeirado do coro, de arte gótico, están tallados en madeira de nogueira.
A fachada moi reformada en varias épocas, conserva da súa primitiva traza, tres arcos apuntados cegos, que determinan do exterior as naves, a portada de arco semicircular abucinado, con tres aneis descargados por outras tantas columnas acodilladas por xamba, e cobre esta portada un gran rosetón moi semellante ó de Meira, pero do oxival florido. Este rosetón ten un diámetro de cinco metros nas que as vidreiras policromadas fan un efecto espectacular que se pode contemplar dende o interior. Nos arcos laterais hai unha luz cadrada en cada unha, ornamentada ó estilo das torres barrocas e o retablo que coroa a fachada.
O Claustro, reconstruído por Diego Ibáñez Pacheco, é de planta cadrada, cun único piso e está cinguido de arcos de medio punto sustentados por columnas dóricas. No centro do patio atópase un cruceiro gótico, seguramente unha peza conservada dende a súa orixe.
Foi declarada Monumento Nacional no ano 1902 e consagrada en tempos do bispo don Martiño en 1246.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA:
BALSA DE LA VEGA, R.: “Catálogo- Inventario Monumental y Artístico de la Provincia de Lugo”; (1911-12), Tomo I.
ENLACES WEB:
http://cultura.xunta.es/imxd/programa/doc/1350635148121004BICGALICIA.pdf (p. 9)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MONDONEDO/documents/2320NO105.pdf (paxs:1, 2 e 3)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.428154219714266Lonxitude: -7.363033890724182
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
Oscar Franco says:
Nov 1, 2014
A prensa escrita de hoxe, primeiro día do mes de Santos, fala das humidades que están afectando á Catedral, especialmente as pinturas de Francisco Terán.
Información tirada da seguinte ligazón:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2014/10/31/humedades-danan-catedral/0003_201410X31C6996.htm
Oscar Franco says:
Mar 17, 2017
“A basílica de San Martiño de Mondoñedo terá por fin centro de interpretación”. A noticia é do 14 de marzo de 2017:
http://historiadegalicia.gal/2017/03/san-martino-de-mondonedo-centro-interpretacion/
Oscar Franco says:
Xuñ 9, 2017
Artigo sobre a catedral. 7 de suño de 2017:
http://www.sermosgaliza.gal/articulo/memoria/catedral-mondonedo-agacha-lapida-osos-pardo-cela/20170607100227058286.html
Oscar Franco says:
Set 3, 2017
“A Consellería de Cultura ultima unha rehabilitación da catedral de Mondoñedo”. A nova é do 24 de agosto de 2017:
http://elprogreso.galiciae.com/noticia/746222/la-conselleria-de-cultura-ultima-una-rehabilitacion-de-la-catedral-de-mondonedo