Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Comarcas / Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Cambeda
Lugar: Ogas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro das Barreiras é un xacemento singular e de moito interese. Sitúase no fondo do val de Vimianzo e mostra á vista unha estrutura arquitectónica espectacular, definida por vestixios do foxo e unha potente muralla que nalgún punto supera os 8 m. de altura. Estas defensas colosais non son habituais nos xacementos castrexos e demostran que o castro das Barreiras foi, no seu día, un poboado importante e que era, probablemente, aínda máis extenso do que hoxe se conserva.

O normal na construción dun castro é facelo nun emprazamento de difícil acceso, coma o alto dun monte ou uns acantilados coma no caso de Baroña. En cambio este castro está feito en pleno val para poder aproveitar as terras de cultivo e o dominio da zona. Para poder defenderse tivo que fortalecerse coas súas enormes barreiras.
Nalgún punto están derruídas pola construción de casas ou polos valados dunha finca anexa. Incluso se viu ameazado pola construción dunhas aceras, que se tiveron que retirar uns metros.

A súa muralla que fecha o recinto fortificado de forma oval e o foxo de grandes dimensións axiña chama a atención do visitante ó achegarse pola estrada A Coruña-Fisterra (atópase pegada literalmente a esta estrada comarcal C-552, a escasos dous quilómetros de Vimianzo). A súa croa conta cunha superficie duns 4.000 metros cadrados. O eixe maior do recinto ovalado ten 110 m e oriéntase de norte a sur; o seu eixe menor de 65 m vai de leste a oeste.

Despois de sucesivas limpezas, por fin se fixo unha prospección arqueolóxica nas que se atoparon tres construcións castrexas. Tito Concheiro, o arqueólogo responsable calificou o xacemento como “moi interesante” pois en moi pouco tempo e traballo conseguiron atopar tres construcións e máis de 500 fragmentos de cerámica. A súa escavación total sería un atractivo turístico de gran valor para Vimianzo, co castelo no outro lado do val e co futuro e tan prometido Parque do Megalitismo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Nas últimas prospeccións arqueolóxicas atopáronse 534 fragmentos de cerámica e ferro.


Tradición oral:

A tradición conta que os antigos poboadores do castro e os do castelo de Vimianzo coexistían no tempo e producíanse numerosas loitas entre eles para facerse co poder do fermoso val.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

LEMA SUÁREZ, Xª Mª e MOUZO LAVANDEIRA, R (1998) O castelo de Vimianzo e os Moscoso de Altamira, Deputación da Coruña, A Coruña.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Neste momento, supoño que a ninguén se lle ocurrirá construír nel. Pero hai casas moi pegadas ó castro, unha delas rompeu unha muralla. Ademais a AC-552 pasa demasiado pegada ó xacemento.


Onde está localizado

Latitude: 43.0984760519
Lonxitude: -9.04230594635
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84