Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Alfoz
Parroquia: San Salvador de Castro de Ouro
Lugar: Castro de Ouro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O castro de Ouro sitúase nun lugar estratéxico no cume do monte a uns 105 metros sobre o nivel do mar na freguesía de San Salvador de Castro de Ouro. De forma ovalada, ten unha superficie aproximada de 3,55 Ha., e cunhas medidas de Leste a Oeste de 200 metros por uns 245 metros aproximadamente de Norte a Sur. Con repecto a croa do castro ten unhas medidas de Leste a Oeste de 88 metros por 80 metros de Norte a Sur aproximadamente, abarcando unha superficie duns 5600 metros cadrados. Ten unha primeira terraza que cingue practicamente toda a croa e unha segunda que vai dende a parte Oeste-Norte-Leste. O castro está, a simple vista, regularmente conservado aínda que a pegada do home historicamente fixo moito dano a este xacemento. Construíse unha fortaleza coas súas conseguintes batallas derrubándose o castelo por mandato dos reis católicos ficando tan só unha torre, un anaco de muralla e a igrexa. Reformouse a torre para albergar distintas dependencias para ser casa do obispo, concello, xulgados, etc. Outra acción danosa para o xacemento foi a acción agricola e a construción de vivendas nas terrazas inferiores do castro pola parte nordés.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: AgrícolaResidencialInfraestruturaOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.52767327804681Lonxitude: -7.409044504165649
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Nov 2, 2015
ACTUALIZACIÓN: o concello carece de planeamento de seu; engado o enlace (SIOTUGA) ao
Inventario das Normas Subsidiarias Provinciais de Planeamento que contén este ben (páxina 6489):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA002.PDF