Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Mondoñedo
Parroquia: Mondoñedo (Nosa Sra. do Carme)
Lugar: Rúa de San roque
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A primeira nova que hai da existencia dunha fonte neste lugar é do ano 1263, ano en que o canónigo e presbítero, Pedro Pelayo de Bretoña, deixa ó cabildo cinco soldos leoneses sobre unha casa situada “no camiño que vai do Hospital de San Pablo á fonte”.
Tratábase dunha fonte de moi boa auga “feita a maneira de balsa” pero que se esgotaba a miúdo, por iso, don Diego de Soto mandou construír outra “máis abaixo, con catro canos”.
A nova fonte que recolle a auga de varios mananciais levados a distancia por riba dun cerro, consta dunha bóveda subterránea de 8,80 metros de longo, 4,20 metros de ancho e 2,08 metros de alto, así como dun corredor de 4,5 metros de lonxitude.
A edificación exterior posúe un fermoso arco de medio punto abovedado, de sillería e cuberto por un tellado a dúas augas. Coroando o frontis desta fonte, as armas imperiais de Carlos I de España e V de Alemaña, e rematadas a súa vez por tres pináculos con bóla. Abaixo deste escudo hai unha inscrición que di: “EN EL AÑO 1548 SE HIZO POR ORDEN DEL REVMO SEÑOR D. DIEGO DE SOTO OBISPO Y SEÑOR DE ESTA CIUDAD”.
Flanqueando esta inscrición dous escudos idénticos coas armas do obispo Diego de Soto. Baixo o arco, uns chanzos semicirculares que baixan ata onde está o cano da auga.
En xullo do ano 1929 sustitúese a auga dos mananciais pola actual auga da traída xa que en maio de 1916 houbera unha epidemia de tifus causando numerosos mortos sendo clausurada un mes despois por estar a auga contaminada o que provocou o disgusto e protestas de moita xente.
En xullo de 1988 a fonte foi restaurada adecentando a parte exterior da fonte, limpeza da escaleira e dos escudos.
Os máis maiores lembraban que ó exterior había un pilón para o gando. Alí celebrábase o feiral da palla e chegaban os carros cargados de fardos e grandes montóns de palla e de pensos, que os labregos mercaban para os seus animais.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SANTOS SAN CRISTOBAL SEBASTIÁN: “La ciudad de Mondoñedo”, Editado pola Caja de Ahorros de La Coruña y Lugo. 1975.
– http://www.amigosciudadmondonedo.org/files/fonte_vella.pdf
– http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MONDONEDO/documents/2320NO105.pdf (paxs: 145 e 146).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.427499715284235
Lonxitude: -7.3628246784210205
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84