Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo,
Concello: Outes
Parroquia: Matasueiro (San Lourenzo)
Lugar: Torre, A
Outra denominación do ben: A Torre dos Mouros
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Os restos da torre están sobre un promontorio de vista privilexiada dende onde se controla o val do río Tins e a súa contorna. Segundo Mariño Reino, ten unhas medidas de 7,5 m. de ancho e 15 de longo, e a parede mellor conservada ten unha altura aproximada de 10 m. A torre está feita a base de cachotaría de pedra xistosa e de cor oscuro, pero na cara oeste conserva unha porta cun arco oxival coas doelas de pedra de granito gris. No libro de Carré Aldao “Geografía del Reino de Galicia” está descrita mencionando que sobre a ventá esquerda da porta de entrada, hoxe desaparecida, había unha inscrición na que se lía que a fortaleza foi construída “en era de Mil cuatrocientos” e algo, pois o final era ilexible. Está a 2,2 Km., en liña recta cara o norte, do Castelo de Outes.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Segundo conta a propietaria da torre, o seu avó decíalle que canto fixeron a torre, os traballadores falaban cos que traballaban na torre do Castelo de Outes para pedirse ferramenta, e cando a necesitaban tirábana polo aire dunha torre á outra para poder prestala.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Carré Aldao, Geografía del Reino de Galicia.
Mariño Reino, Xoán. Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume I, Tórculo Edicións Santiago 1998. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-003-X ( paxs. 90 e 91)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA008.pdf
( pax 2 de 3 )
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8781144302Lonxitude: -8.92873048782
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Soledad says:
Abr 24, 2013
Os vellos chamábanlle “a torre dos mouros” e tamén “a torre grande”.
Elixio says:
Abr 25, 2013
Grazas pola información.