Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Outes
Parroquia: Outes (San Pedro)
Lugar: Mirás
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Está situado o castro nun outeiro a 400 m. sobre o nivel do mar e a uns 200 m. do lugar de Mirás. A 400 m.,en liña recta cara abaixo do val do río Bendimón, está o castro de Carleo.
O castro está formado por dous recintos concéntricos de planta oval, o exterior, e circular o interior. Ten unhas medidas de diámetro maior de 170 m, e 150 m. para o menor. A coroa circular central chega aos 55 m. de diámetro. Os terrapléns defensivos amosan alturas próximas aos 5 m. Non se aprecian accesos nin defensas máis acusadas pola banda de menor altura respecto das terras circundantes. A coroa non está sendo usada como terreo agrícola, polo tanto esta circunstancia fai que o castro se atope nun aceptable estado de conservación para posibles escavacións. Na segunda foto podemos ver o plano de pendentes Lidar 2009 e a ortofoto do voo americano do ano 1956.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mariño Reino, Xoán. Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume I, Tórculo Edicións Santiago 1998. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-003-X (pax, 62 e 63)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA002.pdf
( pax. 2 de 6 )
Plano de pendentes Lidar 2009
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0093A-0608.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8496351871
Lonxitude: -8.95870685577
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84