Outra fotografía:
Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Mondoñedo
Parroquia: Mondoñedo (Nosa Sra. do Carme)
Lugar: Alameda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
En Mondoñedo xa existían os hospitais Xeral ou Rexional de San Pablo e o de San Lázaro, mais non eran dabondos. O concello recurreu o Bispo Sarmiento e este logrou comenzar a construción dun novo hospital no ano 1750.
A obra remataríase no ano 1755, falecido xa o prelado, fusionouse os de San Pablo e San Lázaro e obrigouse a recibir ós peregrinos. No ano 1872 pasaron a rexelo as Fillas da Caridade, xa que antes o rexía un sacerdote con servidume. No ano 1909 pasou a depender da Beneficiencia Provincial pero a propiedade seguía a ser do bispado. Ata 1930 tivo tamén escola de párvulos e de adultos.
O edificio, que nos seus mellores tempos foi do máis adiantado que houbo, é un cadrado perfecto con patio central. Como o seminario está construído de lastras de pizarra e granito labrado. As súas catro fachadas, graves e severas, danlle un aspecto de vello palacete renacentista. Unha desas fachadas está máis adornada cas outras. Nos estremos teñen dúas torres coroadas de cornixas, cupuliñas e bólas. No medio sobre a porta principal, amósannos os fermosos escudos da cidade e do bispo fundador.
No interior do edificio, na pequena capela, existe aínda o primitivo retablo barroco, todo el dourado e de gran elegancia.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SANTOS SAN CRISTOBAL, S.: «La ciudad de Mondoñedo», Editado por Caja de Ahorros de La Coruña y Lugo. Lugo, 1975.
– http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MONDONEDO/documents/2320NO105.pdf (paxs. 3 e 4)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.42905025596914Lonxitude: -7.368414402008057
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84