Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Mondoñedo
Parroquia: Mondoñedo (Nosa Sra. do Carme)
Lugar: Mondoñedo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O Seminario de Mondoñedo foi o terceiro que se fundou en España apenas no Concilio de Trento mandou que se crearan en cada diócese. No ano 1573 xa existía, e o primitivo edificio estivo situado fronte a catedral.
Foi preciso chegar o pontificado de Don José Francisco Losada y Quiroga para levantar o actual edificio no ano 1770 e a vida do centro docente acádase o seu maior prestixio. O rei Carlos III deulle o título de Real e aprobou as súas constitucións e o seu plan de estudo que era moi avanzado para a época.
Sobre este edificio levantouse un segundo andar no ano 1888 e durante os pontificados de Don Mariano Vega Mestre e do cardeal Quiroga fixéronse notables ampliacións, entre eles, a Capela, inaugurada en setembro de 1954.
O Real Seminario Conciliar de Santa Catalina de Mondoñedo é o edificio máis típico da súa clase existente en España. A súa fachada principal ten no seu centro unha gran balconada de forxa cos escudos dos fundadores ós lados. No segundo andar, coroado por fermosos remates de pedra labrada, ten ós seus lados, dúas pequenas torres. No seu centro, coroándoo todo, hai un alto sotabanco de pedra e alí amosa as armas do cardeal Cos y Macho, que o levantou sendo bispo de Mondoñedo. Ós lados deste escudo hai dúas placas de mármore na que se pode ler: “in animan malevolan non introibit sapientia, nec habitabit in corpore subdito pecatis”.
E sobre todo este gran frontispicio hai unha estatua de Santa Catalina de Alexandría, patroa do centro e dos que se adican á filosofía.
No interior hai un claustro grande e moi fermoso. As galerías cóbrense con bóvedas de aresta. Ten unha biblioteca con máis de 20.000 volumes, entre eles, libros antigos e incunables.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SANTOS SAN CRISTOBAL, S.: «La ciudad de Mondoñedo», Editado por Caja de Ahorros de La Coruña y Lugo. Lugo, 1975.
– http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MONDONEDO/documents/2320NO105.pdf (paxs: del 157 ó 162).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.4279672191707
Lonxitude: -7.361687421798706
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84