Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular, Hórreo, Alpendres e edificios auxiliares, Eira, Paisaxe histórica/cultural, Paisaxe natural,
Concello: Bueu / Morrazo (comarca)
Parroquia: Illa de Ons, A (San Xoaquín)
Lugar: Ons
Outra denominación do ben: Casa de Ons
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Esta é unha casa típica mariñeira que podemos encontrar na illa de Ons xustamente no barrio do Caño. A casa ten a peculiaridade de ter un piorno (hórreo) de feitura tradicional de pedra e un piorno de tipo celeiro con base pechada e cuberta de tella en dúas augas e este mesmo esta ornamentado con dúas cruces este utilízase para gardar millo, patacas e cebolas. Outra das singulariedades desta vivenda típica de Ons e a máis importante é un arco sinxelo, pero de grande interese, no cal está un alboio onde hai anos se gardaba a típica dorna e os aparellos dos mariñeiros nesta illa. A casa ten as cortes anexas onde estaban os animais (porcos, galiñas, coellos, bois, pombas, patos, etc) ao iguaL que os muros de toda a casa son de pedra, o que o fai unha casa de arquitectura popular única. Esta casa tamén ten en conservación a chimenea da lareira que procede do interior da vivenda na cal antes se facían as comidas de toda a familia. E claramente está nun lugar único de Galicia .

Son de Ons

Ons: mar, terra e identidade


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

Eiquí había un rapaz que tódolos días ía ao monte co gando. Unha serán víu que por embaixo dunha laxe saíalle unha cobra, mais tanto lle gustou que lle díu migallas do seu pan. Fixéronse amigos e tódolos días xantaban o panciño xuntos e o rapaz xogaba coa cobra e agarimaba nela. O mozo foi ao servizo e cando voltou o primeiro que fixo foi correr ao monte para ollar a sua cobriña: chegou alá, asubiou como acostumaba outrora, e saíu a cobra, mais tan longa, tan longa e tan grosa que o mozo colleu medo. A cobra non recoñeceu ao rapaz, botóuse a ele, ensarillóuno e matóuno. Mais cando o tiña morto reparou nele, reconocéuno e botóuse ao mar e morreu afogada.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Isla de Ons, privilegio de la naturaleza

Guía de visita del Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.

Información oral dos residentes


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Non


Onde está localizado

Latitude: 42.3746911756
Lonxitude: -8.93393397331
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84