Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Outes
Parroquia: Valadares (San Miguel)
Lugar: Valadares
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro sitúase sobre un outeiro de pouco máis de 15 m. de altura sobre a súa contorna, e a unha altitude de 400 m. Está formado por un recinto de forma ovalada cun antecastro engadido pola zona sur. A croa mede uns 125 m. no seu eixe maior e 75 no menor. Se sumamos o antecastro e as defensas que o rodean dan unha medidas de 175 m. e 114 m. respectivamente. Esta defendido por un alto parapeto que dende a superficie superior do castro levanta de 1 a 2 m. e que dá ao exterior por un gran terraplén seguindo a traxectoria parabólica do castro. O muro está interrompido no lado sur, onde se une co antecastro ao querer unir as terras de labor para traballalas. Mariño Reino informa no seu libro do patrimonio de Outes que : “No interior destaca unha pequena elevación de máis de 1 m. de alto e planta circular que delata a presenza naquel punto dunha edificación á cal se foron acumulando outras pedras en gran número procedente das labores agrícolas”.
O estado xeral e aceptable e non se aprecian alteracións graves.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA15062009
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Un veciño contou que unha vez unha persoa que estaba labrando levantou co arado un fino pó de ouro , pero como non soubo identificar o que era siguiu coa súa tarefa e volveuno a tapar.  Nunca máis se volveu a atopar


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mariño Reino, Xoán. Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume I, Tórculo Edicións Santiago 1998. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-003-X (pax. 71)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA003.pdf (pax. 3 de 6)
Plano de Pendentes Lidar 2009 (castro de Valadares e ao nordés o castro de Gosende)
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0093A-0606.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8786687073
Lonxitude: -8.96269798279
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84