Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Mondoñedo
Parroquia: Mondoñedo (Nosa Sra. do Carme)
Lugar: Mondoñedo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Moi pretiño de Mondoñedo, hai un lugar chamado Couto do Outeiro e alí fica un pazo coas súas salas e mobles antigos e unha pintoresca capela chamada de San Isidro. Neste pazo coa súa horta e a súa capela foi o primitivo convento das Concepcionistas. No ano 1639, Dona María Pardo Andrade, dispuxo a fundación do convento xunto o santuario dos Remedios, mais a oposición que houbo fíxose que o lugar elixido fora o Couto do Outeiro, onde houbo unha capela da Nosa Señora do Socorro, e alí fundouse no ano 1656, con monxas procedentes do convento de Viveiro.
Xurdiron longas cuestións cos Patróns sobre a dotación e a pronta ruína do edificio. Por outra parte, o apartado do lugar non era apta para vivir as monxas, ademais o Concilio de Trento dispoñía que os conventos de monxas non estivesen fora das cidades.
O bispo Muñoz y Salcedo recolleunas no seu bispado e nel estiveron dende 1707 a 1714, nas que foron para o novo convento, aínda que tampouco faltaron quen se opuxeran e fora preciso a intervención do Real Consello.
O convento foi construído polos mestres Antonio Blas e Salvador Fernández de Mondoñedo e Xosé de Lapide, de Santa Eulalia de Budián e supuxo a demolición de parte da muralla da cidade, da Porta de Batiteles, ocupando o espazo de dúas casas e unha horta. A igrexa abriuse ó culto o 30 de setembro de 1716 e o mencionado prelado pagou boa parte da obra e mandou dourar o altar maior en 1723.
No ano 1835, quitáronselle ó convento tódalas súas propiedades, mais non foi suprimido, véndose reducidas á extrema pobreza, puidendo continuar facendo a súa labor.
O convento da Concepción, no medio do casarío, entre as rúas estreitas, constitúe unha fermosa estampa e nela destacan a torre, a cupuliña coa súa lanterna e a portada de pedra labrada, que presenta dúas pilastras sostendo unha cornixa na que se sitúa unha imaxe popular da Virxe Inmaculada, un frontón circular e os escudos dos patróns fundadores e do bispo benfeitor e da Orde de San Francisco.
No interior da igrexa cóbrese con dous tramos de bóveda de aresta e cúpula de media laranxa e adórnase con catro retablos. O cadeirado do coro alto é moi sinxela e no coro baixo sepultábanse antigamente ás monxas. O claustro é cadrado con tres andares, ten trinta e seis vans e un xardinciño no seu centro. Todas as dependencias ábrense no seu contorno.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SANTOS SAN CRISTOBAL, S.: «La ciudad de Mondoñedo», Editado por Caja de Ahorros de La Coruña y Lugo. Lugo, 1975.
– http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MONDONEDO/documents/2320NO105.pdf (paxs: 115, 116, 125 e 126).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.42846588600308
Lonxitude: -7.364986538887024
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84