Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Baños de Molgas (San Salvador)
Lugar: Nocelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Quedan poucos restos do antigo “Casal” ou “Casa Grande” á saída do lugar cara Xunqueira de Ambía. Casa Grande con capela propia, derrubada a comezos do XX, para deixar paso á estrada que dende o Alto do Couso vai cara Allariz.
Reformada a portada de entrada ó patio (hoxe cun canastro superposto), a casa foi vendida a máis dun veciño e non é posible figurarse cal sería a estrutura
e aspecto primitivos; fica soamente, coma sinal da pasada fidalguía, a minguada sección en cuxo frontal se amosa o seu fermoso escudo de armas.

É brasón de guerreiro fidalgo, coroado de elmo empenachado ollando á destra, cunha bordura de macollas e cuartelado. Amosa no primeiro cuartel tres flores de lis,
que co castelo do terceiro pode ser de Márquez; no segundo cuartel son cinco estrelas de seis puntas en sotuer –que tamén vemos no escudo da Cruz dos Ferradores en Allariz, que terán algunha relación coa Universidade de Santiago, onde era emblema de Fonseca; probabelmente de Don Benito de Novoa Salgado dos condes de Maceda, nado en Ourense no 1610, que estuda dereito na Universidade de Santiago, catedrático e reitor de Fonseca no 1650. No cuarto son tres vieiras, quizais de Ribadeneira coma en Vilanova de Armariz.

Nocelo é lugar da freguesía de San Salvador de Baños de Molgas. A nome do mosteiro de Sº Estevo de Ribas de Sil afórase aquí unha herdade no ano 1232.
Poucos son os datos cos que contamos, pero son de abondo para probar que formaba parte do patrimonio da familia rosendiana, á esquerda da Arnoia.

Despois de derrubarse a capela adicada ó Sº Antón Abade, de casa en casa andivo o santo deica lle erguer, coa axuda da derradeira señora do Casal, nova capela cen metros máis adiante à esquerda.
O retablo veu da antiga igrexa de Foncuberta. Foi dona Sara, neta do Sr. Movilla, de cuxos ascendentes non sabemos.

Información: Elixio Rivas Quintas – Estudios de genealogía, heráldica y nobiliaria de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Foto Pepe Oliva:
http://www.panoramio.com/photo/15995499


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.23092445839501
Lonxitude: -7.69718080759048
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84