Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Outes
Parroquia: Valadares (San Miguel)
Lugar: Gosende
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro está situado nun alto que se ergue uns 25 metros das terras que o rodean e a unha altitude de 386. A coroa ten forma circular de 70 m. de diámetro e un antecastro pola parte oeste co seu sistema defensivo formado por terraplén e muros. Probablemente tivera a entrada pola zona norte e outra máis entre a coroa e o antecastro. O talude defensivo da última plataforma consérvase en boa parte do seu perímetro e as súas alturas van de 1 a 2 m. pola parte do interior. O castro está sendo utilizado como terreo agrícola e pola parte oeste elimináronse parte das defensas para unir as propiedades. Na segunda foto podemos ver o mapa de pendentes Lidar 2009 da zona do castro e a ortofoto do voo americano do 1956.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA15062007
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo nos relata  Xoán Mariño no seu libro sobre o patrimonio de Outes, os viciños chámanlle a este lugar “O Curro” e din que nel viviron os mouros ata que o apóstolo Santiago os botou de alí.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mariño Reino, Xoán. Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume I, Tórculo Edicións Santiago 1998. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-003-X (pax. 69 70)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA003.pdf (pax. 1)
Mapa de pendentes Lidar 2009
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0093A-0606.pdf
Ortofotos do voo americano do 1956, cos castros de Gosende e ao Suroeste o castro de Valadares
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/ORTO56/Orto56_0093A-0606.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8842505111
Lonxitude: -8.95531654358
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84