Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Outes
Parroquia: Outes (San pedro)
Lugar: Carleo de Arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Atópase o castro a pouca distancia do castro de Mirás e no val do río Bendimón, nunha confluencia cun pequeno regueiro, ao seu paso entre o alto da Vaqueira e as terras de Mirás e Carballa, a unha altitude de 280 m. Ten forma ovalada e mide cerca de 115 m. de diámetro maior e 105 de menor. Aínda conserva nalgúns lugares o muro defensivo de terra e pedras dunha altura de 1 a 1.5 m. sobre un terraplén de 4 ou 5 m. polo norte e sur, pero máis pronunciado polo oeste. Parece que ten un antecastro pola zona suroeste. Segundo Mariño Reino no seu interior aínda se poden ver muros de casa de 50 cm. de altura. Na segunda foto podemos ver o castro na ortofoto do voo americano de 1956, no centro da imaxe.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15062011
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mariño Reino, Xoán. Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume I, Tórculo Edicións Santiago 1998. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-003-X (pax, 64 e 65)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA003.pdf
Ortofoto do voo americano 1956
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/ORTO56/Orto56_0093A-0608.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8473698097
Lonxitude: -8.95269870758
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84