
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Ambia (Santo Estevo)
Lugar: A Torre – Suatorre
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
No outeiro que chaman a Torre, na cima do lugar de Suatorre en Ambía, existiu unha fortaleza desfeita a finais do século XIX, para o aproveitamento das súas pedras para a construción de casas no veciño pobo de Vilameá. No seu lugar solo podemos ver a superficie achaiada é o camiño de ronda, coas casas veciñas á roda, os perpiaños desmontados, deixando os alicerces cortados na rocha viva. O nome do lugar é indicativo: Su a Torre.
Este foi o castelo principal do brazo civil rosendiano, acompañado ademais doutro forte subindo o monte onde lle din As Torres.
Como sabemos a Torre de Peñafiel na Pousa era outra vixía do herdo rosendiano, igual que a torre de Monte Castelo sobre Padreda, nun caso e outro partindo da de Ambía.
Podemos ver varias pedras reutilizadas pola zona, ademais nunha corredoira que se dirixe a este lugar, pode verse de pía dunha fonte incrustada na caracocha dun castiñeiro, un sartego antropoide(O Pilo), posiblemente pertencente a enterramento dos Señores de Ambía, donos de este castelo.
Aquí radica sen dúbida a base, o soar inicial da nobreza espallada polo Val. da Alta Arnoia. Tal foi o asento do brazo leigo rosendiano, punto de partida pra recobrar o espazo doado polos seus devanceiros, máis xenerosos, eles acuciados polo brillo da nobreza.
A referencia a Ambía segue por séculos, dando novas das orixes dos persoeiros a falta de arbores xenealóxicas. Aquí asitiaron os descendentes dos re-fundadores do
mosteiro bieito de Xunqueira de Ambía que aparecen na escritura do ano 972, vista e citada por Ambrosio de Morales (Viage, 160).
De Ambía parten, actuando entre Sil, Miño e Limia; de aquí salta a Maceda e en Maceda se instala Don Paio Arias de Ambía,casado con dona María Rodríguez, sen por elo deixar de ollo as Torres de Ambía, de Penafiel en Armariz e Castelo de Bara en San Xoán de Padreda.
Hai un documento de Alfonso IX, anterior ò 1230 (A Limia, 440), no que está clara a interferencia deste Paio Arias nas propiedades dos mosteiros (Mº Rocas, 141).
1º Señor de Soutomaior-, que está ó servizo de Alfonso VII (1109-1157), e que casa con Dona Inés Pérez de Ambía filla de Don Pedro Páez de Ambía e Dona María Fernández. Fillo de Men Páez e Inés Pérez de Ambía é Paio Méndez de Soutomaior (Pérez de Ambía) cabeza dos Soutomaior de Toledo, que loita nas Navas de Tolosa con Alfonso VIII (1158-1214).
Elvira Páez de Ambía casa con Gonzalo Yáñez de Nóvoa, e ó lle dar de dote a Torre de Maceda, son os primeiros señores de Maceda. (Coello, Apuntes 52).
O apelido, distintivo, de Ambía aparece na Idade Media por onde quer que vaia algún personaxe algo importante desta orixe.
No século XIII temos a Fray García Fernández de Ambía, dominico.
Desta castimonia, sen que poidamos segui-la liña xenealóxica, é ese Pay Rodríguez de Ambía, valente guereiro, que no ano 1340 combate contra a mouramia na batalla do Salado (Tarifa) ó lado de Alfonso XI, o mesmo que sostén liza en Valladolid con Ruy Páez de Biedma nado en Allariz polo 1300, adiantado este de Galicia e Merino Maior, a quen Alfonso XI dá a Casa de Portela de Pena no 1336.
Pay Rodríguez de Ambía é sen dúbida o que gana as 5 lúas que se ven no blasón dos Ambía, herdado polo actual escudo de Xunqueira de Ambía.
No ano 1585 fai testamento dona Guiomar Méndez (Menendiz) de Ambía, fundando o albergue de S.Pedro de Allariz, dotándoo coas casas que ten na vila, “para que moren en ellas y den cama a pobres vergonzantes” (Allariz, 137, Cid Rumbao).
Información: Elixio Rivas Quintas – Estudios de genealogía, heráldica y nobiliaria de Galicia.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Foi desmantelada practicamente toda a finais do século XIX, para o aproveitamento das súas pedras para a construción de casas no veciño pobo de Vilameá.
Onde está localizado
Latitude: 42.20970225388654Lonxitude: -7.70901739597320
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84