Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa, Pazo / Casa Grande,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Vimianzo
Lugar: Trasouteiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A capela chama a atención coa súa fachada neoclásica nun enclave rural, como é o pequeno lugar de Trasouteiro comunicado pola estreita rúa de Tedín con Vimianzo.
Foi mandada construír polo eclesiástico Andrés de Aguiar y Caamaño, fillo segundón desta casa e que foi chantre e cóengo da Catedral de Santiago e bispo de Mondoñedo. Era un ultraconservador, que defendía a monarquía absoluta e odiaba as ideas liberais (seguramente influído polo seu sobriño, frei Diego de Cádiz, beato a quen se adora nesta capela e a quen lle dedican aínda hoxe as festas do lugar).

A capela da Concepción de Trasouteiro data de comezos do século XIX e é de estilo neoclásico puro. No panel hai unha gran nudez decorativa, pechada por un frontón a xeito dun templo grego ou romano.

Á esquerda da capela hai unha fonte onde se atopa o escudo de armas da familia do pazo, coas armas dos Ramos (unha torre entre dúas pólas), dos Aguiar (unha aguia) e quizais dos Paredes (unhas estrelas).

O antigo pazo de Trasouteiro e as súas dependencias atópanse detrás da capela.

Á dereita da capela atópanse as que foron as escolas pías mandadas construír tamén por Andrés Aguiar. Pecha o conxunto un interesante cruceiro de alto varal moi esbelto, que no seu fuste leva esculpido un Santiago peregrino.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Sen usoInfraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No seu interior garda un retablo de comezos do século XIX de gran pureza neoclásica: Ó xeito dun templo grego, coroado polo Espírito Santo, e coa imaxe neoclásica da Virxe da Concepción no centro.

Ademais hai outras figuras neoclásicas na igrexa: San Andrés, San Antonio, o relevo de San Roque e o relevo das Ánimas.

A capela tamén alberga un retablo lateral de comezos do século XX, pertencente ó frade capuchino o beato Diego de Cádiz.


Tradición oral:

Trasouteiro debe ser o único sitio onde se lle rende culto ó frade Diego de Cádiz: ultraconservador e sobriño do fundador do pazo. Andrés de Aguiar deixara instituída unha festa na súa capela: a da Concepción, o 8 de setembro. Pero os veciños acabaron celebrando a de Diego de Cádiz, o 24 de marzo, festa que se recuperou nos anos 90 logo de 40 anos de esquecemento e nos que se fai unha famosa baixada de carrilanas.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

LEMA SUÁREZ, Xª Mª e MOUZO LAVANDEIRA, R. (1998), O castelo de Vimianzo e os Moscoso de Altamira. Deputación da Coruña, A Coruña.

VVAA (2010),Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte. Xerais, Vigo


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

O pazo non se pode visitar e faríalle falta unha renovación. A capela mantense en uso, celebrándose misas cando as festas patronais.


Onde está localizado

Latitude: 43.1053774049
Lonxitude: -9.02779519558
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84