Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Mondoñedo
Parroquia: Santiago de Mondoñedo
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Este pazo foi construído pola familia Santomé a finais do século XVIII, de tipoloxía barroco galego, e que logo pasaría aá familia dos Montenegro.
Ten unha fachada rectangular con tres andares disposto simetricamente respecto ao seu eixo central onde vai a porta principal de entrada de arco de medio punto flanqueado por unha xanela rectangular con moldura e unha porta rectangular auxiliar tamén a cada lado. No segundo andar separado por unha moldura a modo de cornixa, vai no centro unha porta de balcón interior flanqueado por unhas fermosas pedras armeiras que representan as armas dos Santomé e Labra, por un lado e Segador, Aguado e Villamil polo outro. Ó lado destas pedras armeiras hai un balcón exterior con forxa seguido dunha xanela rectangular.
No segundo andar separado pola mesma moldura que no primeiro, no seu centro fica unha balconada exterior con forxa e enriba desta, un frontón semicircular a modo de tornachuvias. No terceiro andar ou baixocuberta hai cinco xanelas pequenas rectangulares. O edificio cóbrese con tellado de pizarra a catro augas.
Este edificio, a comenzos do século XIX, aló polo ano 1809, era propiedade de Francisco Santomé y Aguiar, rexedor do concello de Mondoñedo.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MONDONEDO/documents/2320NO105.pdf; paxs.: 58 e 59
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.431060445566644Lonxitude: -7.3638975620269775
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84