Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Navia de Suarna
Parroquia: Ribón
Lugar: Cantorcia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
A 368 metros de altitude sobre o nivel do mar, á esquerda da estrada local que vai dende A Pobra de Navia ata Moía, preto da coñecida como A Ponte do Castro ubicada pouco antes da estrada que pola dereita sube ata a aldea de Cantorcia.
Situado nunha pequena península pizarrosa arrodeada polo río de Moía e o regueiro de Cantorcia. De forma alongada, ten unhas medidas aproximadas de 140 metros de longo e 50 metros na parte máis ancha. A mesta matogueira non impide ver os restos dun parapeto e un foxo que o delimita polo oeste, a parte que dá cara o camiño e o río, a parte máis vulnerable e por onde, posiblemente, estaría o acceso ao recinto. No interior obsérvanse pequenos afloramentos pizarrosos mais non indicios de estruturas habitacionais. Encaixado nunha depresión entre montañas, a comunicación visual sobre a contorna é deficiente.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://arqueoancares.blogspot.com.es/2012/01/mamoas-e-castros-do-concello-de-navia.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.956878718579915Lonxitude: -6.974601745605469
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84