Outra fotografía:

Tipo de ben: Eira,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Ambia (Santo Estevo)
Lugar: O Calvario
Outra denominación do ben: Aira en Suatorre
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Preto da zona onde estivo a torre dos Ambía en O Calvario, está esta aira empedrada, con pedras perfectamente encaixadas.
Noutrora foi utilizada para a malla dos cereais, era onde se facían as medas con os mollos de pan (centeo), trigo ou cebada. Alí se separaba o gran da palla, antigamente facíase manualmente con mallos e na época mais moderna xa se facía coas malladoras.
Para que non se estragaran os gran do cereal, as mallas facíanse nestes lugares acondicionados para tal fin, onde se podían recoller facilmente sobre estas pedras perfectamente lisas e sen case oco nas xuntas.
Ó estar estratexicamente situada no alto do outeiro, facilitaba a limpeza do cereal, pois o vento pegaría mellor e separaría o froito da broza sobrante cando a operación era totalmente manual.
A malla era unha tarefa colectiva, onde os veciños axudábanse uns a os outros.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.20979364145212
Lonxitude: -7.70808130502700
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84