Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Ambia (Santo Estevo)
Lugar: O Calvario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Tratase de unha pedra que anteriormente debeu de ser de planta circular, pero que hoxe está esnaquizada, faltándolle algún cacho da súa circunferencia.
No que seria o centro da súa circunferencia ten un encastre pasante de forma cadrada, que seria o basamento dun cruceiro de madeira, que a o parecer estivo posto nela.
Situado sobre un penedo que lle fai de grada, ten unhas medidas aproximadas de 130cm de diámetro e un espesor de 35cm.
Na súa superficie tamén se aprecian un par de coviñas como as que soen estar nas gradas de varios cruceiros.
É significativo o nome do lugar onde se atopa “O Calvario”, que nos fai pensar que en tempos. o conxunto sería máis completo.
Seguindo o camiño que nos leva cara a igrexa parroquial de San Estevo de Ambía a uns 100m de distancia xusto debaixo da terceira laga do regadío da Regueira, a Laga do Fondo, atopábase antes de abrir a pista asfaltada, o penedo co encastre onde estivera a Cruz de Ambía, que foi trasladada a principios do século XX ao alto do monte. Motivado este traslado por mor de gran treboada que estragou a parroquia de Ambía.
O crego de entón convenceu os feligreses para levar a Cruz de Pedra ao alto do monte e poñela no penedo que marxeaba o monte de Suatorre e o monte da Farria para que protexera a parroquia.

Información: Pepe Oliva


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.209513518278236
Lonxitude: -7.70761460065841
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84